Que é Vixilancia Aduaneira
Coñece a organización e as funcións do Servizo de Vixilancia Aduaneira
Composición e forma de ingreso
Na actualidade o persoal que compón o equipo de Vixilancia Aduaneira intégrase nos seguintes Corpos:
- Corpo de Axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira, especialidades de Investigación e Marítima.
- Corpo Executivo do Servizo de Vixilancia Aduaneira, especialidades de Investigación, Navegación, Propulsión e Comunicacións.
- Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira, especialidades de Investigación, Navegación, Propulsión e Comunicacións.
Todo o persoal ten a consideración de AXENTE DA AUTORIDADE no desempeño das súas funcións (Real Decreto 319/1982, do 12 de febreiro).A tarxeta de identificación profesional para os funcionarios de Vixilancia Aduaneira en activo, así como a carteira porta-tarxeta, establécese mediante Resolución de 18 de xullo de 2008 da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria.No apartado inferior da carteira alóxase o escudo do Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais e a inscrición ALFÁNDEGAS montados ambos os dous sobre un rafagado dourado.A devandita tarxeta profesional ten a consideración de Licencia de Armas tipo A e Permiso de Armas para o seu titular.
A forma de ingreso para ser funcionario de Vixilancia Aduaneira realízase a través dun proceso de selección que se integra na Oferta Pública de Emprego do Estado e que, dependendo do Corpo ao que se queira optar, require unha titulación específica.
Toda a información sobre os procesos selectivos e os seus requisitos pódense consultar nesta mesma páxina no enlace de Contido relacionado.