Que é Vixilancia Aduaneira
Coñece a organización e as funcións do Servizo de Vixilancia Aduaneira
Medios persoais e operativos
Na Área de Vixilancia Aduaneira, actualmente, desempeñan as súas funcións 1850 funcionarios, dos que 984 pertencen á especialidade de Investigación e 866 ás diferentes especialidades Marítimas.Todos eles están autorizados a portar armas, polo que entre os medios operativos se conta con armas de dotación individual.Por outra parte, os funcionarios contan co carácter de policía xudicial, misión para a cal se utilizan equipos e tecnoloxía de vixilancia e seguimento e un sistema global de interceptación legal de comunicacións.
Vixilancia Aduaneira dispón dunha frota de 37 embarcacións (dotadas con armamento fixo) e 10 aeronaves. Consulta as características dalgúns dos nosos medios en Contido relacionado desta páxina.