Esquema de funcionamento da VUA
Dámosche unha breve información dos pasos a seguir
Levante da mercadoría
Os SIF transmitirán os certificados á Aduana mediante servizo web para a súa incorporación ao DUA . Emitiranse tamén mensaxes para os supostos nos que non corresponda a intervención e para os non aptos.
Se o circuíto de resposta da Aduana fose amarelo, e o sistema pode cruzar a información do DUA coa dos certificados emitidos polo SIF recibidos a través de servizo web, despacharase automaticamente e o operador poderá obter o levante a través das xestións, nesta mesma páxina.
Se, como consecuencia de que a Solicitude de Intervención non inclúe o MRN do DUA , este cruzamento non se pode efectuar de forma directa, o operador deberá completar o contido do recadro 44 coa identificación dos correspondentes certificados. Se toda a información é correcta, o DUA despacharase automaticamente.
Se de acordo co anterior non se produce un despacho automático, o operador deberá contactar coa Aduana.