Saltar ao contido principal
Calendario do contribuínte 2023

Imposto especial sobre determinados medios de transporte

Modelos 05 e 06. Solicitude de non suxeición, exención e redución de base impoñible con recoñecemento previo e declaración de exencións e non suxeicións sen recoñecemento previo, respectivamente: antes da matriculación definitiva.

Modelo 568. Solicitude de devolución por revenda e envío de medios de transporte fóra do territorio: 1 a 20 de xaneiro, abril, xullo e outubro.

Modelo 576. Autoliquidación. Declararanse as operacións suxeitas e non exentas: tras solicitar a matriculación definitiva do medio de transporte e antes de que se producise. Se o feito impoñible non é a matriculación definitiva: 15 días naturais desde a devindicación do imposto.