Saltar ao contido principal
Calendario do contribuínte 2024

Imposto sobre a renda das persoas físicas

Modelo 113. Comunicación de datos relativos ás  ganancias patrimoniais por cambio de residencia a outro Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo con efectivo intercambio de información tributaria: entre a data do desprazamento e a data de finalización do prazo de declaración do imposto correspondente ao primeiro exercicio en que o contribuínte non tivese tal condición como consecuencia do cambio de residencia e a comunicación de  variacións, dous meses desde que se produzan.

Modelo 121. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Deducións por familia numerosa ou por persoas con discapacidade a cargo. Comunicación da cesión do dereito á dedución por contribuíntes non obrigados a presentar declaración: prazo establecido en cada exercicio para presentar a declaración de Renda.

Modelo 122. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Deducións por familia numerosa, por persoas con discapacidade a cargo ou por ascendente con dous fillos separados legalmente ou sen vínculo matrimonial. Regularización do dereito á dedución por contribuíntes non obrigados a presentar declaración: entre a data en que os pagamentos anticipados se percibisen de forma indebida ata que finalice o prazo para a presentación da declaración de Renda do exercicio en que se percibise o pagamento anticipado de forma indebida.

Modelo 140. Solicitude de aboamento anticipado das deducións por maternidade e de comunicación de variacións que afecten ao seu pagamento: cando opte pola modalidade de aboamento anticipado e 15 días naturais seguintes ás variacións, respectivamente.

Modelo 143. Solicitude de aboamento anticipado das deducións por familia numerosa, por ascendente con dous fillos ou persoas con discapacidade a cargo e de comunicación de variacións que afecten ao seu pagamento: cando opte pola modalidade de aboamento anticipado e 15 días naturais seguintes ás variacións, respectivamente.

Modelo 145. Comunicación ao pagador  da situación persoal e familiar do perceptor de rendas do traballo, ou da súa variación: antes do inicio de cada ano natural ou ao inicio da relación.

Modelo 146. Pensionistas con dous ou máis pagadores. Solicitude de determinación do importe das retencións: xaneiro e febreiro de cada ano.

Modelo 147. Comunicación voluntaria dos traballadores por conta allea que vaian adquirir a condición de contribuíntes polo IRPF, por desprazarse a territorio español, para a práctica de retencións: desde os 30 días anteriores á entrada en territorio español ata os 183 días seguintes ao comezo do traballo ou ata o 30 de xuño do ano seguinte cando o comezo sexa posterior ao 2 de xullo.

Modelo 149. Comunicación da opción, renuncia, exclusión e fin do desprazamento do réxime especial de tributación aplicable a traballadores desprazados a territorio español. Opción: 6 meses desde o inicio da actividade. Renuncia: novembro e decembro anteriores ao inicio do ano natural en que deba prover efectos. Exclusión: 1 mes desde o incumprimento dos requisitos para aplicar o réxime. Fin de desprazamento: 1 mes desde que finalizase o mesmo. 

Modelo 156. Declaración informativa anual de cotizacións de afiliados e mutualistas para os efectos da dedución por maternidade. Con carácter xeral: 1 a 31 de xaneiro do ano seguinte ao que corresponda a declaración. Excepcións (órganos ou entidades xestores da Seguridade Social): ata o 1 de abril. 

Modelo 179. Declaración informativa anual  da cesión de uso de vivendas con fins turísticos (obriga anual): 1 a  31 de xaneiro de cada ano, en relación coa información e operacións que correspondan ao ano natural inmediato anterior.

Modelo 185. Declaración informativa mensual de cotizacións da Seguridade Social e Mutualidades: 10 días naturais seguintes ao mes ao que se refira a información. 

Modelo 186. Declaración informativa de nacementos e defuncións: mes natural seguinte.