Saltar ao contido principal
Calendario do contribuínte 2024

Imposto sobre sociedades

Modelos 202-2P. Imposto sociedades. Pagamento fraccionado réxime xeral e 222-2P Pagamento fraccionado Réxime de Tributación dos Grupos de Sociedades. Para contribuíntes sometidos a normativa foral de Navarra e que tributen conxuntamente en ambas as dúas Administracións: 1 a 21 de outubro de 2024.

Modelos 202-0A. Imposto sociedades. Pagamento fraccionado réxime xeral e 222-0A Pagamento fraccionado Réxime de Tributación dos Grupos de Sociedades. Para contribuíntes sometidos a normativa foral do País Vasco e que tributen conxuntamente en ambas as dúas Administracións: 1 a 25 de outubro de 2024.

Modelo 217. Autoliquidación do Imposto sobre Sociedades: gravame especial sobre dividendos ou participacións en beneficios distribuídos por sociedades anónimas cotizadas de investimento no mercado inmobiliario: 2 meses desde o día do acordo de distribución de beneficios pola xunta xeral de accionistas ou órgano equivalente.

Modelo 221. Prestación patrimonial por conversión de activos por imposto diferido en crédito esixible fronte á Administración tributaria: mesmo prazo de presentación que o Imposto sobre Sociedades (25 días naturais seguintes aos seis meses posteriores á conclusión do período impositivo).

Modelo 231. Declaración de información país por país: 12 meses seguintes á finalización do período impositivo (1 de xaneiro ao 31 de decembro cando o período impositivo coincida co ano natural). Presentarase comunicación previa polas entidades residentes en territorio español que formen parte dun grupo obrigado a presentar o modelo 231 antes da finalización do período impositivo ao que se refire a  información.

Modelo 232. Declaración informativa de operacións vinculadas e de operacións e situacións relacionadas con países ou territorios cualificados como paraísos fiscais: mes seguinte aos dez meses posteriores á conclusión do período impositivo ao que se refira a información que hai que subministrar. 1 a 30 de novembro cando o período impositivo coincida co ano natural.

Modelo 234. Declaración informativa de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal: 30 días naturais seguintes ao nacemento da obriga de informar.

Modelo 235. Declaración de información de actualización de determinados mecanismos transfronteirizos comerciables: mes natural seguinte á finalización do trimestre natural en que se obtivese nova información que deba comunicarse sobre os mecanismos transfronteirizos comerciables. 

Modelo 236. Declaración de información da utilización de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal: último trimestre do ano natural seguinte (1 de outubro a 31 de decembro) a aquel en que se producise a utilización en España dos mecanismos transfronteirizos que debesen ser previamente declarados.

Modelo 237. Gravame especial sobre beneficios non distribuídos por sociedades anónimas cotizadas de investimento no mercado inmobiliario. Imposto sobre sociedades. Autoliquidación: dous meses desde o día do acordo de aplicación do resultado do exercicio pola xunta xeral de accionistas, ou órgano equivalente.