Modelo 030. Declaración censual de alta no censo de obrigados tributarios, cambio de domicilio e / ou variación de datos persoais
Para comunicar a variación de datos identificativos, o estado civil, solicitar unha nova tarxeta acreditativa do NIF, etc. Ademais, quen non desenvolvan actividades económicas poderán:
-
Solicitar a alta no censo de obrigados tributarios ou o NIF cando non dispoñan de DNI ou NIE e participen en operacións con transcendencia tributaria.
-
Comunicar o cambio de domicilio: con carácter xeral, 3 meses desde o cambio (os que realicen actividades económicas presentarán o modelo 036/037 – prazo 1 mes –). A comunicación realizarase na declaración de Renda – para persoas físicas residentes – se o prazo de presentación desta finaliza con anterioridade.