Modelo 035. Declaración de inicio, modificación ou cesamento de operacións comprendidas nos réximes especiais aplicables aos suxeitos pasivos que presten servizos a persoas que non teñan a condición de suxeitos pasivos ou que realicen vendas a distancia de bens ou determinadas entregas nacionais de bens
-
Declaración de inicio: en calquera momento antes do inicio das actividades (o réxime comezará a aplicarse a partir do primeiro día do trimestre seguinte – Réxime Exterior ou da Unión –, ou desde a comunicación do nº de operador para os efectos do Réxime de Importación) ou, cando xa se iniciase a actividade, ata o décimo día do mes seguinte a este inicio.
-
Declaración de modificación: ata o décimo día do mes seguinte á modificación.
-
Declaración de baixa: polo menos quince días antes do final do mes ou trimestre anterior ao que se pretenda deixar de utilizar o réxime.