Outras opcións e axustes da APP-AEAT
Saltar índice da informaciónInformación
Desde este apartado tes acceso directo a: "Sede electrónica (web)", "Contacta connosco ", "Axuda" e "Sobre a Axencia Tributaria ".
-
En "Sede electrónica" conectas coa páxina web da Axencia Tributaria.
-
No bloque "Contacta connosco "tes acceso a todos as canles de contacto e comunicación coa Axencia Tributaria: teléfonos de interese, o buscador de oficinas, o servizo de Asistencia e cita e o contacto "Soporte da APP Axencia Tributaria ", para problemas ou comentarios sobre a APP-AEAT.
-
No bloque "Axuda" podes encontrar información sobre a APP Axencia Tributaria: requisitos técnicos, información técnica sobre a xestión de usuarios e xestión de dispositivos móbiles; tamén o calendario do contribuínte tanto deste ano como de anos anteriores; acceso a manuais, vídeos e folletos e unha ligazón á canle oficial da Axencia Tributaria en Youtube onde están publicados os vídeos da AEAT.
-
Por último, no bloque "Sobre a Axencia Tributaria "encontrarás unha ligazón á "Información institucional", "Goberno aberto", "Planificación", "Notas de prensa", "Traballar coa Axencia Tributaria "para consultar as ofertas de emprego público, "Normativa e criterios interpretativos", "Estatísticas", "Educación cívico-tributaria", "Perfil do contratante ", "Ligazóns de interese" e "Compromiso ético da Axencia Tributaria ".