Como comprobar un certificado tributario xa expedido
Podes realizar a comprobación dun certificado tributario dende o servizo "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación".
Todas as certificacións emitidas, calquera que fose a vía de solicitude destas, dispoñerán dun código de verificación para que o destinatario poida verificar a súa autenticidade e validez.
Non é posible utilizar esta opción ata que a certificación sexa expedida.
Este cotexo é útil se se recibiu a certificación por correo ordinario ou electrónico ou outra vía distinta á nosa páxina web.