Non se pode cubrir o apartado "Asunto" na solicitude de Certificado Xenérico
Na solicitude dun certificado xenérico é obrigatorio cubrir o apartado "Asunto" indicando o motivo da solicitude.Trátase dun texto libre sen formato establecido, aínda que o formulario inclúe un editor de texto con algunhas funcionalidades.
En caso de estar utlizando o navegador Internet Explorer, asociado ao sistema operativo Windows, e non sexa posible cumprir este campo, débese a que a configuración rexional e de idioma non está en España (rexión) nin español (idioma).Neste caso, o formulario veríase da seguinte forma:
Para non modificar a configuración rexional e idioma no equipo, a solución recomendada sería instalar outro navegador como Mozilla Firefox ou Google Chrome en idioma español.Se xa tes instalado este navegador noutro idioma e instalas novamente a versión en español na mesma ruta, non se perderá a configuración, simplemente modificarase a lingua.Despois pódese volver reinstalar no seu idioma orixinal.
Tras instalar o navegador Mozilla Firefox ou Google Chrome no idioma español, o apartado "Asunto" veríase así:
En caso de querer seguir utilizando o navegador Internet Explorer, será necesario modificar a configuración rexional e idioma (opción menos recomendable).