Consulta e modificación dos datos de contacto rexistrados
Dende a entrada "Consulta de datos de contacto"O colaborador pode verificar o teléfono e o correo electrónico rexistrados como datos de contacto no censo de colaboración social.Non se accederá a esta información se se accede cun certificado de persoa delegada do colaborador.
Dende o servizo "Modificación de datos de contacto", os colaboradores sociais e as persoas delegadas pode actualizar o número de teléfono e a dirección de correo de contacto.
Comproba os datos identificativos e pulsa "Aceptar"
Mostraranse os datos e as opcións dispoñibles en función do titular do certificado electrónico seleccionado.
Acceso como colaborador social
Móstranse os datos do colaborador e o listado de delegados engadidos (se os houbese).
Dende o apartado "Datos colaborador" podes modificar o número de teléfono e o enderezo de correo electrónico do colaborador social.Pulsa "Aceptar" para que se graven os cambios.
O colaborador tamén pode actualizar os datos de contacto dos seus delegados facendo clic no NIF correspondente dentro do listado.
Nota: as altas e baixas de delegados por parte do colabordor social realízanse dende o trámite "Alta e xestión no censo de colaboradores sociais"
Acceso como delegado
Se accedes ao trámite cun certificado de persoa física cuxo NIF foi engadido como delegado dun colaborador social, podes actualizar os teus datos de contacto persoais e pulsar "Confirmar".Non accederás á información de contacto do colaborador nin do resto de delegados.