Como borrar arquivos temporais no navegador con S.Ou. Linux
Saltar índice da informaciónComo borrar arquivos temporais do navegador Mozilla Firefox no linux
Para borrar cookies e arquivos temporais en caché do navegador Mozilla Firefox no Sistema Operativo Linux, desde a interface gráfica do navegador, podes acceder de dúas formas:
-
Na barra de ferramentas do navegador Firefox fai clic sobre a icona das tres barras horizontais, situado na esquina superior dereita, e entra en "Historial".

Na seguinte xanela fai clic en "Limpar historial recente".

-
Desde a barra de menú da parte superior facendo clic en "Preferencias" ou "Axustes".

Na nova xanela, selecciona "Privacidade & Seguridade", despois, desprazache ata encontrar o apartado de "Historial" e fai clic sobre "Limpar historial..."

Desde calquera das dúas formas de acceso obterás a mesma xanela emerxente co nome "Borrar datos de navegación e cookies". A continuación, selecciona "Todo" na parte superior, despois, marca "Cookies e datos de sitio" e "Arquivos e páxinas temporais en caché" e pulsa "Limpar".
