Descarga e instalación da Máquina Virtual Java
Saltar índice da informaciónDescarga e instalación da Máquina Virtual Java - Consideracións previas
Para executar programas de axuda ou realizar trámites que aínda utilizan Java na web de AEAT, é necesario instalar Java no equipo.
Posto que Microsoft Edge non soporta os plugins de Java e Google Chrome, Mozilla Firefox (versión 52 e posteriores) e Safari (versión 12) limitaron a súa compatibilidade coa tecnoloxía necesaria para os applets de Java (NPAPI), as opcións recomendadas en función do sistema operativo son as seguintes:
Windows
En sistemas operativos Windows, podes utilizar o navegador Microsoft Edge configurado no seu modo de compatibilidade con Internet Explorer. Para máis información, consulta a axuda "Comprobación da máquina virtual de Java".
Mac OS
En sistemas Mac pódesvos utlizar unha versión de Firefox anterior á 52 ou, como alternativa, acceder dende un equipo Windows con Microsoft Edge, realizando a configuración de compatibilidade con Internet Explorer.
Para poder instalar versións actualizadas de Java en Mac, a versión mínima do sistema debe ser a 10.7.3.
Linux
En sistemas Linux podes utlizar unha versión de Firefox anterior á 52 ou instalar o navegador Pale Moon coa configuración necesaria para que execute os plugins de Java.