Consulta e baixa de declaracións informativas (Exercicio 2019 e seguintes)
Saltar índice da informaciónConsulta e baixa de rexistros de detalle (se a declaración foi presentada mediante ficheiro)
Consulta rexistros de detalle
Ao acceder á consulta de rexistros, nas presentacións que foron realizadas mediante ficheiro por TGVI online, móstrase un listado de todos os rexistros tipo 2 dados de alta na declaración.
Podes realizar a busca por número de rexistro, por NIF, por declarados ou perceptores non identificados e por rexistros erróneos.Para consultar un rexistro concreto fai clic no número de detalle.
Non obstante, mediante esta consulta non é posible realizar modificacións;as presentacións mediante ficheiro requiren da presentación de declaracións complementarias ou substitutivas para engadir ou modificar rexistros.Consulta a información facilitada en "Como modificar unha declaración informativa mediante ficheiro (declaracións complementarias e substitutivas)".
Baixa de detalle
En "Servizos Dispoñibles" tamén se habilitou a opción "Baixa de detalle", soamente para as declaracións presentadas mediante ficheiro por TGVI online, pola que poderás dar de baixa un rexistro.
Pulsea "baixa de detalle" e obterás un listado de todos os rexistros de detalle.Para ir ao rexistro que desexamos dar de baixa dispós de varios campos para filtrar a busca.Podes indicar o número de detalle, o NIF, marcar os rexistros sen identificar ou os erróneos.Unha vez seleccionado o criterio de busca fai clic no botón "Buscar".
Mostrarase o resultado na parte inferior.Para entrar no rexistro fai clic no numero de detalle.
Verifica todos os datos e fai clic en "Aceptar".Na seguinte ventá pulsa "Asinar e Enviar", a continuación, na ventá emerxente marca a casa "Conforme e pulsa de novo "Asinar e Enviar" para que a baixa do rexistro sexa efectiva.