Consulta e modificación de declaracións informativas.Apoderados.Exercicios anteriores a 2019
Saltar índice da informaciónModificar rexistros de detalle
Permite modificar os rexistros de tipo 2 que se consideren oportunos.Tras corrixir os rexistros e, unha vez que os cambios se consoliden, tamén se actualizará a folla resumo polo que non será necesario modificala.En cada presentación poderás modificar un máximo de 500 rexistros.
Podes buscar o rexistro que desexas modificar por número de detalle, NIF ou declarados sen identificar.Tamén podes seleccionar o rexistro que queres modificar pulsando sobre o número de detalle do listado de rexistros que se mostran.
Se existen datos erróneos, o campo aparecerá en amarelo.Unha vez modificados, os campos pasarán a cor laranxa;pulsa "Aceptar" ao pé da páxina para gravar os cambios.
Despois pulsa "Asinar Enviar" ao pé do formulario para continuar co envío.No último paso solicítase a confirmación do envío polo que é necesario marcar a casa "Conforme" e pulsar "Asinar e Enviar" para obter o recibo de presentación da modificación, co correspondente Código Seguro de Verificación.