Consulta e modificación de declaracións informativas. Empresas e profesionais. Exercicios anteriores a 2019
Saltar índice da informaciónModificar rexistros de detalle
Permite modificar os rexistros de tipo 2 que se consideren oportunos. Tras corrixir os rexistros e unha vez que os cambios se consolidasen, tamén se actualizará a folla resumo, polo que non cumprirá modificara. En cada presentación poderás modificar un máximo de 500 rexistros.
Podes buscar o rexistro que desexas modificar por número de detalle, NIF ou declarados sen identificar. Tamén podes seleccionar o rexistro que queres modificar pulsando sobre o número de detalle da listaxe de rexistros que se mostran.
Se existen datos erróneos, o campo aparecerá en amarelo. Unha vez modificados, os campos pasarán a cor laranxa; pulsa "Aceptar" ao pé do formulario para gravar os cambios.
No último paso, solicítase a confirmación do envío, polo que cómpre marcar o recadro "Conforme" e pulsar "Asinar e Enviar" para obter o recibo de presentación da modificación, co correspondente Código Seguro de Verificación.