Erro 8888: O número de xustificante anterior non existe
Se ao presentar unha declaración informativa obtés a mensaxe "Erro 8888: O número de xustificante anterior non existe" consulta esta información.

NOTA : No caso de que esteas presentando unha declaración complementaria, A mensaxe completa é: "Erro 8888: O número de xustificante anterior non existe. Debe complementar a outra declaración que estea de alta".
Este erro prodúcese, no caso dunha declaración complementaria, cando intentas presentar a declaracón indicando un número de xustificante que non corresponde a ningunha declaración que estea dada de alta.
No caso dunha declaración substitutiva, ocorre ao presentar unha declaración indicando un xustificante que non figura nos rexistros como presentada.
En ambos os dous casos estás indicando un xustificante inexistente.
Para solucionar esta mensaxe de erro, no caso de declaracións complementarias, localiza o xustificante da declaración que queres complementar no expediente do declarante e indicao na declaración.
No caso de declaracións substitutivas, localiza da mesma forma o xustificante real da declaración que desexas substituír e indicao na declaración.