"O número de Xustificante da declaración debe ser cumprimentado ou non é correcto"
Ao intentar enviar declaracións xeradas por programas externos a través da opción de presentación mediante ficheiro (TGVI En liña) pode mostrarse o erro 1011: “O número de Xustificante da declaración debe ser cumprimentado ou non é correcto".
En caso de presentar unha declaración complementaria ou substitutiva mediante ficheiro, o número de xustificante da nova declaración debe ser diferente ao xustificante da declaración á que complementa ou substitúe. Ademais, débese facer referencia ao número de xustificante da declaración anterior que se desexa complementar ou substituír.
En presentacións mediante ficheiro NON se admiten xustificantes que comecen polo número de modelo e o resto de posicións ceros.
Para ler o ficheiro correctamente debería aparecer 1820000000001 ou calquera outra variación, por exemplo, 182 2024 000001 para o exercicio 2024.
Para resolver o erro, cómpre editar o ficheiro: O campo "Número de xustificante" localízase sempre no rexistro de tipo 1, Declarante, que coincide coa primeira liña do ficheiro e normalmente entre as posicións 108 e 120. Non obstante, che recomedamos a consulta do deseño de rexistro actualizado para o modelo de declaración informativa concreto, e así verificar as posicións.
Se se realiza a presentación desde o formulario, "Exercicio 202x. Presentación (ata 40.000 rexistros)", admítese que o número de xustificante que se informou no ficheiro sexa un número que comece polos díxitos do modelo e o resto de posicións sexan ceros. Por exemplo, 1820000000000. Neste caso non se terá ningún problema nin ao importar o ficheiro, nin ao presentar.