Cuestións xerais sobre o DNI electrónico
A utilización do DNI electrónico é válida para tramitacións telemáticas. Para o seu uso cómpre contar con determinados elementos de hardware e software que permitan o acceso ao chip da tarxeta e, polo tanto, a utilización dos certificados contidos nela .
Cando se acceda a unha opción da páxina web que requira certificado electrónico, o navegador debe solicitar o PIN e, a continuación, mostrar o almacén de certificados para poder elixir o que corresponda (autenticación ou sinatura).
Se non acontece así é que o navegador ou o DNIE non están correctamente configurados. Para unha información máis detallada consulta a información dispoñible na páxina web do Ministerio do Interior (Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil) sobre DNI electrónico.
No portal do DNI electrónico encontrarás un servizo de atención ao cidadán ao que podes acceder mediante correo electrónico no enderezo sac@dnielectronico.ese por teléfono nos números: 917406981, 917040091 ou 917369973 (verifica os horarios e días de dispoñibilidade na súa páxina web).