Como eliminar un certificado electrónico
Saltar índice da informaciónWindows. Como eliminar un certificado electrónico no google Chrome
Para eliminar un certificado no google Chrome, accede ao menú "Personaliza e controla Google Chrome", ao final da barra de enderezos, e entra en "Configuración".

Pulsa sobre "Configuración avanzada" para que se carguen o resto de opcións. Dentro do apartado "Privacidade e seguridade" entra en "Xestionar certificados".


Na parte superior esquerda, selecciona Os teus certificados e, a continuación, Xestionar certificados importados desde Windows.

Na pestana "Persoal" deberá aparecer o certificado electrónico caducado. Selecciona o que corresponda e pulsa "Tirar".

Aparecerá unha xanela para que confirmes se desexas eliminar o certificado, pulsa "Se".
