Como establecer un contrasinal para o uso do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónContrasinal para o uso do certificado electrónico en Internet Explorer, Microsoft Edge e Google Chrome
Para que os navegadores Internet Explorer, Microsoft Edge e Google Chrome soliciten un contrasinal cada vez que unha páxina requira que o usuario se identifique mediante certificado electrónico, é necesario establecer un nivel de seguridade alto no momento da descarga ou a importación do seu certificado.Ten en conta que estes navegadores utilizan o mesmo almacén de certificados en Windows.
Se dispós dunha copia válida dos certificados podes reinstalalos no navegador.A icona dunha copia válida será un sobre aberto cun certificado asomando e unha chave, e a extensión.pfx ou .p12.
Para importar a copia do certificado:
En Internet Explorer entra en "Ferramentas" ou accede á icona en forma de roda situada na esquina superior dereita da ventá do navegador e entra en "Opcións de Internet".Despois selecciona a pestana "Contido" e pulsa o botón "Certificados".
En Microsoft Edge entra en "Configuración e máis" ao final da barra de direccións identificado coa icona de tres puntos horizontais e accede a "Configuración", Privacidade, busca e servizos, "Seguridade", "Administrar certificados".
En Google Chrome entra en "Personaliza e controla Google Chrome", ao final da barra de direccións identificado coa icona de tres puntos verticais e accede a "Configuración", "Privacidade e seguridade" na marxe esquerda, despois entra en "Seguridade" e pulsa "Xestionar certificados" na parte inferior.
Unha vez situado no almacén de certificados, na pestana "Persoal", pulsa o botón "Importar".
A continuación ábrese o "Asistente de importación".Pulsa "Seguinte" e "Examinar" para ir á ruta onde se gardase a copia do certificado.
Unha vez seleccionaches o arquivo, introduce o contrasinal.É moi importante marcar tamén a casa "Marcar a clave privada como exportable" e "Habilitar protección segura de clave privada...".Pulsa de novo "Seguinte".
Debe estar seleccionada a opción "Seleccionar automaticamente o almacén de certificados...".Pulsa "Seguinte" e, por último, "Finalizar".
Aparecerá unha ventá co texto "Unha aplicación está a crear un elemento protexido".Pulsa o botón "Nivel de seguridade" e selecciona "Alto".Pulsa "Seguinte".
Establece un contrasinal e fai clic en "Finalizar".
Se esquece o contrasinal non hai ningún modo de recuperala, polo que, tería que importar de novo unha copia e establecer un novo contrasinal ou volver solicitar un certificado.