Como identificarche mediante o CSV dunha notificación ou comunicación recibida da AEAT
O acceso mediante o Código Seguro de Verificación sen identificación electrónica é posible nalgúns casos e soamente como contestación a unha notificación ou comunicación previamente recibida da AEAT, polo tanto, revisa o requirimento ou a notificación para asegurarche de que esta é a vía indicada para contestar, efectuar alegacións ou achegar documentación. É posible que se indiquen outras vías como "Achegar documentación complementaria" ou "Contestar requirimentos, efectuar alegacións e / ou achegar documentos xustificantes" dun modelo ou trámite concreto.
Para acceder á contestación da notificación, indica o CSV (Código Seguro de Verificación) que consta na notificación recibida no recadro correspondente e selecciona "Como desexa facer a presentación?":
- O interesado: pode entrar con identificación mediante certificado/DNI electrónico e Cl@ve ou sen identificación.
- O representante: só pode acceder "Con identificación" utilizando certificado ou DNI electrónico e Cl@ve.
Para localizar o CSV, podes consultar a axuda pulsando sobre a ligazón "Onde encontrar o Código Seguro de Verificación".
Unha vez que accedeses ao rexistro telemático, cobre os campos requiridos, entre os que se encontra o asunto e os datos de contacto introducindo un teléfono e, adicionalmente, un correo electrónico. Os campos Expediente/Referencia e datos do interesado virán cumplimenados por defecto segundo o CSV introducido.
Podes anexar a documentación desde a opción "Engadir ficheiros". Tamén dispós da posibilidade de redactar o motivo da presentación no espazo que figura na parte inferior do formulario.
Ao pulsar "Engadir ficheiros", mostrarase a xanela para seleccionar os ficheiros que se anexan á resposta. Fai click en "Seleccionar ficheiros" para acceder ao explorador de arquivos e escoller o ficheiro que desexas anexar. Ten en conta que o arquivo non pode superar os 64 MB e que debe ter un formato aceptado. Desde a opción "Axuda" podes obter máis información sobre os tipos de ficheiros admitidos.
Unha vez cumprimentados os campos requiridos e achegada toda a documentación necesaria, fai clic en "Presentar".
Se o envío se realiza correctamente mostrarase en pantalla o xustificante da xeración do rexistro.