Información xeral tarxetas criptográficas
Os pasos para a obtención do certificado en tarxeta criptográfica ou intelixente dependerán do procedemento establecido pola autoridade de certificación escollida polo solicitante.Consulta a páxina web da entidade emisora que elixas para coñecelos.
Para realizar tramitacións telemáticas coa Axencia Tributaria, o certificado electrónico debeu ser emitido por unha das Entidades emisoras de certificados electrónicos admitidas pola AEAT. Consulta as Entidades emisoras dende o enlace "Prestadores de servizos autorizados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo".
Para obter información adicional debes contactar coa entidade emisora.