Información sobre certificados de persoa física da FNMT (AC FNMT Usuarios)
Dende o 1 de marzo de 2015, a FNMT está a emitir un novo tipo de certificado dixital de persoa física.Este certificado está emitido por unha nova autoridade denominada "AC FNMT Usuarios", en lugar da xa coñecida "FNMT Clase 2 CA", que o prové dun algoritmo de firma e lonxitude de claves máis potentes.
Estes novos certificados teñen un período de validez de 4 anos e permiten unha única renovación do certificado por medios electrónicos durante os 2 meses anteriores á súa caducidade.Tras a primeira renovación dun certificado AC FNMT Usuarios, transcorrido o período de validez doutros 4 anos, o cidadán terá que solicitar un novo certificado mediante o procedemento habitual, acudindo a unha oficina de rexistro.
Os certificados FNMT Clase 2 CA emitidos antes do 1 de marzo de 2015 seguen sendo válidos ata a súa data de caducidade e poderá renovalos a través da web da FNMT sempre que non proceda dunha renovación previa.Con esta renovación obterá un certificado da nova autoridade "AC FNMT Usuarios".
Se o teu certificado FNMT Clase 2 CA non procede dunha renovación anterior, podes beneficiarte da acreditación por internet con este certificado e obter o novo certificado AC FNMT Usuarios sen necesidade de acudir a unha oficina de rexistro.
Visita a web da FNMT para a solicitude dun certificado electrónico de persoa física
Para máis información consulta as preguntas frecuentes publicadas na web da FNMT.