Como obter un TOKEN (Clave numérica temporal)
TOKEN é un sistema de identificación que permite obter asistencia ou efectuar xestións polas canles telefónicas da Axencia Tributaria (agás para a asistencia telefónica da campaña de Renda) mediante unha clave numérico temporal de 6 cifras que será válida durante 1 hora desde a súa obtención.
O TOKEN admite a actuación en nome propio ou en nome de terceiros. Se é en nome de terceiros cómpre que a persoa solicitante dispoña dun certificado electrónico de representante ou ben que conste nalgún dos seguintes rexistros da Axencia Tributaria: Rexistro de apoderamentos ou Rexistro das sucesións e das representacións legais de menores e incapacitados.
O acceso á solicitude do TOKEN require identificación mediante certificado electrónico ou a través do sistema eIDAS para cidadáns dun país da UE, neste último caso debes dispor de DNI, NIE ou NIF L ou M. Podes encontrar a solicitude de TOKEN entrando en "Identificación electrónica", "TOKEN".
Para iniciar a solicitude do TOKEN fai clic en "Obtención do TOKEN "e selecciona unha das opcións que se ofrecen, con certificado ou DNI electrónico co que desexas identificarche, ou mediante autenticación de Cidadán UE (eIDAS).
Na seguinte xanela vén marcado por defecto a opción "Nome Propio" e cumprimentado o recadro "NIF" co NIF identificado.
Se marcas "Apoderamento" ou "Sucesión", debes encher o NIF do representado.
Unha vez indicados os datos, fai clic en "Pedir Token".
Obterás unha clave numérica de 6 cifras, que terás que proporcionar ao axente telefónico cando cho solicite, e o tempo de validez da mesma que será de 1 hora. Nesta mesma xanela infórmase dos datos do solicitante e do representado.