Como renovar o seu certificado electrónico
Cando un certificado electrónico se encontra próximo á súa data de caducidade, cómpre realizar a renovación do mesmo antes de chegar á data límite. O certificado queda invalidado o mesmo día que indica a data de expiración.
Dependendo da Autoridade certificadora e do tipo de certificado, este poderá ou non ser renovado de forma telemática. Para renovar o certificado electrónico débese acceder ás páxinas web das entidades certificadoras autorizadas, en concreto á entidade emisora do certificado electrónico. Polo tanto, a renovación do certificado é un proceso alleo á Axencia Tributaria.
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT ) unicamente permite a renovación dos certificados de persoa física e de representante para administradores únicos e solidarios.
Para solicitar a renovación telemática cómpre autenticarse co mesmo certificado electrónico que se quere renovar. O certificado debe funcionar correctamente e a solicitude debe efectuarse durante os 60 días anteriores á súa caducidade.
Ademais debe terse en conta que se o certificado que se quere renovar obtivose identificandose con outro certificado dixital ou xa foi renovado anteriormente, non se poderá emitir un novo certificado sen acreditar presencialmente a identidade nalgunha Oficina de Rexistro.
Se a entidade emisora é a FNMT, accede ao apartado "Renovar" e segue as indicacións do paso 1 "Configuración previa", para evitar incidencias técnicas.
A continuación, completa os pasos 2 e 3, "Solicitar a renovación" e "Descargar o certificado", respectivamente. Adicionalmente, tras finalizar o proceso, é recomendable realizar unha copia de seguridade do certificado.
O proceso de renovación pode variar en función da entidade certificadora que emita o certificado. Podes consultar a páxina web da entidade emisora correspondente ou contactar co seu soporte técnico.