Consideracións previas de uso da ferramenta de soporte remoto Zoom en Android
Podes instalar Zoom desde Play Store.

Tamén podes acceder desde a Sede electrónica da Axencia Tributaria a Consultas informáticas, Ferramentas de soporte remoto - Axuda técnica e pulsar a ligazón Descarga para Windows, Mac e Linux. Abrirase a web de Zoom e ofreceranse as opcións para Unirse á reunión: se xa está instalada a aplicación Zoom ou para descargara, tanto do google Play como desde a propia web de Zoom.

Unha vez instalada, abre Zoom e fai clic en Entrar a unha reunión.

Se xa iniciaches sesión en ZOOM pulsa Unirse.

Introduce o IDE que che facilitará o axente, o teu nome (no caso de que non esteas xa identificado) e pulsa Unirse. Podes conectarche sen audio e desactivar o vídeo.

A continuación, incorpora o código de acceso que che facilitará tamén o axente.

Accederás á a sala de reunións do axente. Pulsa Unirse e espera a que o anfitrión admita a conexión para comezar a reunión.

Compartir pantalla
Pulsa Máis, Iniciar Compartir e, a continuación, Pantalla.


Selecciona se queres compartir toda a pantalla ou unha aplicación específica.

Non cómpre outorgar permisos para audio e vídeo.
Finalizar reunión
Para finalizar a reunión co axente, pulsa o botón Abandonar situado na esquina inferior dereita.
