Consideracións previas de uso da ferramenta de soporte remoto Zoom en iOS
Podes instalar Zoom desde a App Store do apple.
Tamén podes acceder desde a Sede electrónica da Axencia Tributaria a Consultas informáticas, Ferramentas de soporte remoto - Axuda técnica e pulsar a ligazón Descarga para Windows, Mac e Linux. Abrirase a web de Zoom e ofreceranse as opcións para Unirse á reunión: se xa está instalada a aplicación Zoom, ou para descargara, tanto da App Store do apple como desde a propia web de Zoom.
Se xa está instalada, abre Zoom e fai clic en "Entrar a unha reunión".

Introduce o IDE que che facilitará o axente, o teu nome (no caso de que non esteas xa identificado) e pulsa Unirse.

A continuación, incorpora o código de acceso que che facilitará tamén o axente.

Non tes que outorgar permisos para micrófono nin para cámara.
Accederás á a sala de reunións do axente. Pulsa Unirse e espera a que o anfitrión admita a conexión para comezar a reunión.

Compartir pantalla
Pulsa Máis, Iniciar Compartir e, a continuación, Pantalla.


A continuación, pulsa Iniciar transmisión. En calquera momento podes Deixar de compartir desde a xanela de Zoom.
Finalizar reunión
Para finalizar a reunión co axente, pulsa o botón Abandonar situado na parte superior da pantalla.
