Consideracións previas de uso da ferramenta de soporte remoto Zoom en Mac
Se xa tes instalado Zoom
Se a aplicación Zoom xa está instalada no teu equipo, abrea e fai clic en Entrar ou Entrar a unha reunión.

Introduce o IDE que che facilitará o axente e pulsa "Entrar".

A continuación, incorpora tamén o código de acceso que che facilitará o axente.

Accederás a unha sala de espera, o axente admitirá a conexión e poderás comezar a reunión.

Se a aplicación Zoom non está instalada ou descoñécelo
Se non tes instalado Zoom ou non sábelo con certeza, accede desde a Sede electrónica a Ferramentas de soporte remoto - Axuda técnica e pulsa "Descargar para Windows, Mac e Linux".

Na parte superior da páxina de Zoom pulsa "Unirse". Se o prefires, tamén podes descargar a aplicación desde a opción correspondente da parte inferior.

Introduce o IDE que che facilitou o axente e pulsa "Entrar".

Na seguinte xanela poderás unirche desde o navegador ou desde a aplicación Zoom Workplace.
Unirse desde o navegador
Nota: se se utiliza esta opción, é recomendable facero desde un navegador distinto ao que vas utilizar para a resolución da incidencia ou a realización do trámite xa que pode cumprir reiniciar/restablecer o navegador e isto suporía abandonar a reunión.

Tras pulsar esta opción, continúa sen cámara nin micrófono, indica o nome que queres que se mostre na reunión e pulsa "Entrar".


Unirse desde a aplicación Zoom Workplace
Pulsa "Unirse desde a aplicación Zoom Workplace". Se non está instalada, pulsa "Descargar agora".

Compartir pantalla
Unha vez dentro da reunión, o axente pedirache que compartas a pantalla para poder visualizar a incidencia. Pulsa "Compartir pantalla" na parte inferior, selecciona "Pantalla completa" ou "Toda a pantalla" e fai clic en "Compartir".


Finalizar reunión
Para finalizar a reunión co axente, pulsa o botón "Saír" situado na parte inferior da pantalla.
