Declaración de importación de envíos de escaso valor (H7)
A guía que podes consultar nesta páxina, recolle os servizos web relacionados coa declaración de importación de envíos de escaso valor (H7), no que respecta aos requisitos comúns en materia de datos segundo o último modelo de datos aprobado pola alfándega electrónica europea (EUCDM).
Esta guía para declaración H7 para os envíos de escaso valor comprende certos supostos de franquía arancelaria, entre os cales destaca pola súa importancia, a aplicable ao ecommerce (C07). Nestas operacións de ecommerce hai, á súa vez, tres modalidades (o sistema IOSS, o dos acordos especiais e o sistema estándar tradicional) que consideran diferenzas importantes e que supoñen un tratamento electrónico tamén distinto.
Os fluxos posibles para as diferentes declaracións e mensaxes implicadas no proceso indícanse a continuación.A súa diferenza esencial está na presentación ou non do H7 antes da chegada da mercadoría (PreH7).Estes son:
- FLUXO: ENS + PreH7 + DDT + G3 Activación H7.
- FLUXO: ENS + DDT + G3+ H7.