Presentación do Documento de Transporte Electrónico (ETD)
A utilización do documento de transporte electrónico como declaración de tránsito da Unión/común para mercadoría transportada por vía aérea e como declaración de tránsito da Unión para mercadoría transportada por vía marítima (de agora en diante ETD) é unha das simplificacións previstas para o réxime de tránsito no artigo 233.4 do Regulamento (UE ) 952/20131 e desenvolvida nos artigos 199 e 200 do Regulamento delegado (UE ) 2015/2446 2 e nos artigos 319 e 320 do Regulamento de Execución (UE ) 2015/24473 e no artigo 55 do Apéndice I do Convenio Común de tránsito. De conformidade co que se dispón no artigo 24 do Regulamento delegado (UE ) 2016/3415 esta simplificación resultará aplicable a partir do 1 de maio de 2018 e substituirá ao uso dun procedemento de tránsito común/da Unión baseada na utilización dun manifesto electrónico para mercadorías transportadas por aire e ao uso dun procedemento de tránsito da Unión baseada na utilización dun manifesto electrónico para mercadorías transportadas por mar (aplicable ata o 30 de abril de 2018), actuais niveis II aire e mar.
O documento de transporte electrónico- ETD é un documento en que figuran as mercadorías que se cargan nun buque ou aeronave. Así pois, para os efectos de tránsito, o devandito documento serve como declaración de tránsito común/da Unión, sempre que conteña os elementos de datos establecidos nos anexos B-6a e A1a, apéndice III, do CTC / Columna D3 Anexo B-RDCAU e a compañía marítima/aérea dispoña dunha autorización concedida polas autoridades aduaneiras competentes.
A autorización concederase sempre que se verifique o cumprimento dos seguintes requisitos:
- O solicitante está establecido no territorio dunha parte contratante/territorio aduaneiro da Unión.
- O solicitante declara que vai utilizar regularmente o réxime de tránsito común/da Unión.
- O solicitante cumpre os criterios establecidos no artigo 39, letras a), b) e d) do Regulamento (UE ) 952/2013.
- O solicitante opera un número significativo de voos/travesías entre aeroportos/portos da Unión.