Presentación telemática de Declaración de A-7
A Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de de obter a maior axilidade na presentación das declaracións e facilitar aos operadores o cumprimento das súas obrigas tributarias, ofrece a posibilidade aos declarantes de presentar as súas declaracións aduaneiras por medio de técnicas telemáticas.
Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, e usando o estándar EDIFACT, é posible a presentación telemática das Declaracións de Mercadoría de A-7. Trátase das declaracións de Aduanas JUSMG (Grupo Militar Conxunto dos Estados Unidos) - Importación xeral.
Procedemento
Para acollerse ao sistema cómpre ter autorización do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais, segundo detállase nas Ordes correspondentes (Orde de 21-11-2000 e Orde de 27-7-1995), para o cal cómpre presentar a correspondente Solicitude ante a Aduana en que o operador vaia habitualmente a operar.
A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT/CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de estar en posesión dun certificado de usuario (sinatura electrónica) outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/1181/2003. Para máis información sobre a súa obtención e uso, consultar aquí.
É posible coñecer a situación en que se encontra unha declaración aduaneira enviada de forma telemática, sempre que se recibise no sistema de información da Aduana. Para acceder á consulta cómpre ter instalado no navegador un certificado de usuario válido outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/11881/2003. Por razóns de seguridade unicamente poderanse visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.
O sistema establece a posibilidade do envío da declaración mediante mensaxes EDIFACT / CUSDEC. Nesta mesma páxina, inclúese a Guía Técnica para a elaboración da mensaxe de Declaracións de Mercancia de A-7 (Mensaxe CUDEC con resposta CUSRES), que pode descargarse en formato PDF.
Actualizado 16-09-2013