Presentación telemática de Declaración de NCTS-TIR
O Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de obter a maior axilidade na presentación das declaracións e facilitar aos operadores o cumprimento das súas obrigas tributarias, ofrece a posibilidade aos declarantes de presentar as súas declaracións aduaneiras por medio de técnicas telemáticas.
Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, e usando o estándar EDIFACT, é posible a presentación telemática das Declaracións de Mercadoría de NCTS-TIR.
Procedemento
Para acollerse ao sistema é necesario ter autorización do Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais, segundo se detalla nas Ordes correspondentes (Orde de 21-11-2000 e Orde de 27-7-1995), para o cal é necesario presentar a correspondente solicitude ante a alfándega na que o operador vaia habitualmente realizar as súas operacións de comercio exterior.
A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT/CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de estar en posesión dun Certificado de Usuario (firma electrónica) outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/1181/2003.
É posible coñecer a situación en que se encontra unha declaración aduaneira enviada de forma telemática, sempre que se recibise no sistema de información da alfándega.Para acceder á consulta é necesario ter instalado no navegador un certificado de usuario válido outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/11881/2003.Por razóns de seguridade unicamente se poderán visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.
O sistema establece a posibilidade do envío da declaración mediante mensaxes EDIFACT/CUSDEC. L Guía Técnica para a elaboración da mensaxe de Declaracións de mercadoría de NCTS-TIR (Mensaxe CUDEC con resposta CUSRES), pódese descargar en formato PDF.