Presentación telemática de Declaración de Recepción de Tránsitos
O Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de obter a maior axilidade na presentación das declaracións e facilitar aos operadores o cumprimento das súas obrigas tributarias, ofrece a posibilidade aos declarantes de presentar as súas declaracións aduaneiras por medio de técnicas telemáticas.
Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, e usando o estándar EDIFACT , é posible a presentación telemática das declaracións de Recepción de Tránsitos.
Procedemento
A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT /CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de estar en posesión dun certificado de electrónico outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/1181/2003.Para máis información sobre a súa obtención e uso, consultar aquí.É posible coñecer a situación en que se encontra unha declaración aduaneira enviada de forma telemática, sempre que se recibise no sistema de información da Alfándega.Para acceder á consulta é necesario ter instalado no navegador un certificado de usuario válido outorgado por algunha das Autoridades de Certificación conformes á Orde HAC/11881/2003.Por razóns de seguridade unicamente se poderán visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.
O sistema establece a posibilidade do envío da declaración mediante mensaxes EDIFACT /CUSDEC.A continuación inclúese a Guía Técnica para a elaboración das distintas mensaxes de Recepción de Tránsitos, que pode descargarse en formato PDF.
Mensaxes para a Recepción de Tránsitos
Mensaxe CUSDEC con respostas CUSRES
Actualizado 26-12-2014