Como recibir avisos de novas notificacións e comunicacións da DEHú
A DEHú enviará un aviso informativo ao enderezo de correo electrónico que indicases no apartado "Os meus datos de contacto", cada vez que recibas unha nova notificación ou comunicación por parte da AEAT.
Poderás indicar ata 5 enderezos de correo electrónico distintos.
Para dar de alta, modificar ou eliminar un enderezo de correo electrónico na DEHú fai clic en Acceder e identificache na pasarela Cl@ve mediante Cl@ve Móbil, Cl@ve Permanente, Certificado/ DNI electrónico ou eIDAS (CiudadanosUE).

Tras identificarche correctamente, accede a Datos de contacto.
Poderás recibir avisos de novas notificacións e / ou comunicacións aos emails proporcionados no formulario, sempre que o Organismo Emisor da túa notificación estea adherido á DEHú.
Se aínda non indicaches un correo electrónico, accede á pestana Correo electrónico de contacto e indica o teu enderezo de correo. Se queres engadir máis enderezos, pulsa +Añadir correo electrónico".
Unha vez indicado o teu enderezo de correo electrónico (ou enderezos), marca o recadro de aceptación de condicións e pulsa Gardar.
Cómpre verificar o enderezo de correo para poder recibir os avisos. Pulsa Verificar e recibirás un correo electrónico cun código de verificación
Introduce o código recibido e pulsa Verificar código.
O teu enderezo de correo xa está verificada e lista para recibir os avisos de cortesía da DEHú.
Editar e eliminar datos de contacto
Se necesitas modificar, engadir novos emails tes dispoñible a opción Editar. Tamén podes eliminar os teus datos desde Eliminar todos os meus datos de contacto.
Consultar dispositivo móbil para avisos push
Desde a pestana Dispositivo para avisos push podes conusltar os datos do dispositivo móbil en que recibes estes avisos,

Para que apareza o dispositivo na consulta, debes habero engadido previamente desde a aplicación Notifica App instalada no teu dispositivo móbil.

Tras aceptar as condicións e engadir o dispositivo, requirirase identificación electrónica para finalizar. O teu dispositivo quedará activado e poderás eliminaro desde a propia aplicación Notifica App.

Desvinculación de correos electrónicos
Desde a pestana Desvinculación de correos electrónicos podes consultar se o teu correo electrónico está configurado noutros usuarios e desvincularo. Para garantir que tes acceso ao enderezo de correo electrónico consultado, a DEHú enviarache un código de verificación.

Introduce o código recibido e pulsa Verificar

Poderás comprobar se o teu enderezo de correo electrónico está vinculada a outro usuario e desvinculara.

