Consulta de declaracións presentadas
En función do modelo que queiras consultar poderás identificarte mediante calquera das formas habilitadas na páxina web:
- Certificado electrónico ou DNIe
- Cl@ve PIN
- Número de referencia de Renda (para os modelos 100 e 714)
Os datos obrigatorios para realizar a consulta son o NIF do declarante, o modelo e o exercicio, aínda que se poden engadir outros filtros adicionais como o período ou rango de data e de hora.Os campos de modelo e exercicio dispoñen dunha ventá emerxente dende a que seleccionar os modelos de declaración dispoñibles e os exercicios para cada unha delas.Pulsa "Buscar" para localizar os expedientes que coinciden cos criterios de busca.
Utiliza o botón "Ver" de cada columna para acceder ao xustificante e copia da declaración ou á descarga do ficheiro respectivamente.
Dende a columna "Obtención do Xustificante" ábrese unha nova ventá para a visualización do documento nun PDF embebido no navegador.Dispós do enlace "Descargar documento" para almacenar o PDF na situación que escollas.
En canto á descarga do ficheiro presentado, o navegador mostrará unha ventá para a descarga do ficheiro TXT que contén a declaración.Terá por nome o número de xustificante e a data e hora de descarga, aínda que poderás cambialo por outro nome que consideres oportuno.