Consulta por NIF
Actualmente, a consulta por NIF só está habilitada para algúns trámites, como o modelo 140 ou o Plan de Reserva para Investimentos nas Canarias. Para o resto de modelos podes utilizar "Consulta de declaracións presentadas".
Podes identificarche con certificado electrónico, DNIE e Cl@ve; a consulta tamén está habilitada para un colaborador ou apoderado con autorización a este tipo de trámites.
Ao entrar no formulario indica o NIF do declarante e o exercicio fiscal. A información da cabeceira indícache que a copia da declaración que vas obter é o orixinal, non incorporará as modificacións posteriores.
Cómpre que teñas instalado un lector de ficheiros PDF para visualizaros correctamente. Pulsa "Enviar" para continuar coa consulta.
Pulsa "Enviar" e recibirás o listaxe de declaracións presentadas en caso de existir máis dunha . Selecciona a que desexes visualizar e pulsa "Enviar"
O sistema facilitarache a copia en PDF da presentación en pantalla, que podes gardar ou imprimir. O documento inclúe na cabeceira a data e hora de presentación, o expediente/referencia e o Código seguro de Verificación (CSV) que confirma a súa autenticidade.