Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación CSV
Todos os documentos e certificados emitidos pola Axencia Tributaria, independentemente de cal fose a vía de solicitude dos mesmos, disporán dun código de verificación para que o destinatario poida verificar a súa autenticidade e validez na páxina web. Polo tanto, o Código Seguro de Verificación permite a verificación da integridade da copia deste documento electrónico.
Este código pode encontrarse ao pé do documento (por exemplo, nas certificacións) ou ao comezo do mesmo (como no caso dos xustificantes de presentación de declaracións).
Introduce o Código Seguro de Verificación en maiúsculas e, a continuación, pulsa "Enviar"

Se o CSV correspóndese cunha declaración que xera PDF
Obtés en pantalla o PDF que contén o documento. Asegurache de que introduces correctamente este código de 16 caracteres xa que, en caso contrario, aparecerá unha mensaxe de erro indicando que non se puido recuperar ningún documento catalogado con ese CSV.
Desde esta mesma pantalla tes as opcións para imprimir e gardar o PDF. Ademais, ao pulsar sobre "Ver pantalla completa" ábrese o PDF nunha xanela nova do navegador, tamén coas opcións para gardaro ou imprimiro.

No botón "Declaración electrónica: Ver XML" situado á dereita obtéñense os datos do documento en formato XML, onde podes ver a referencia, o NIF do titular e do presentador, a data e hora do envío e o ficheiro, entre outros.

Tamén podes obter o xustificante de presentación da declaración enviada accedendo a "Consulta de declaracións presentadas".
Se o CSV correspóndese cun envío dun ficheiro XML
Vas ver unha pantalla similar a esta:

Para ver o ficheiro XML de resposta a este envío pulsa sobre o botón "Ver a Pantalla Completa" para obtero.

Pero se pulsas "Declaración electrónica: Ver XML" podes ver, no ficheiro XML que enviaches, tanto a "Declaración" coma a resposta "Recibo" da AEAT.>

Se o CSV correspóndese cunha notificación ou comunicación
Obtés en pantalla o PDF que contén a notificación. Podes imprimir e gardar o PDF e só tes o botón "Ver pantalla completa" onde se abre a notificación nunha xanela nova coas mesmas opcións de gardar e imprimir.
