Os meus datos censuais
Desde "Área persoal" situado na parte superior dereita da Sede electrónica podes acceder aos "meus datos censuais", onde dispós de varias opcións de consulta e xestións censuais
Para acceder necesitas dispor dunha identificación electrónica como o certificado electrónico, DNIE ou Cl@ve. Podes acceder en nome propio ou como representante dun terceiro de que teñas o apoderamento necesario. Se accedes como representante selecciona "Actuar como representante de:", e a continuación, abriranse dous recadros onde deberás indicar o NIF e o nome e apelidos ou razón social.
O apoderado deberá de ter activo o apoderamento xeral de consulta "GENERALDAPTE" ou ben os apoderamentos específicos para certos datos persoais concretos: "CONESTRATRIB", "CONESTRAADU", "CONESTRANOTR", etc.; dependendo do apoderamento mostraranse uns datos ou outros do mandante.
Tamén podes acceder aos "meus datos censuais" en nome dun terceiro se estás dado de alta no rexistro de sucesións como sucesor de persoas físicas falecidas ou de persoas xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica extinguidas, ou como representante legal de persoas carentes de capacidade de obrar conforme a dereito.
Dependendo do NIF co que accedas, se accedes en nome propio ou como representante, se tes ou non tes actividades económicas, as túas obrigas, etc., o sistema ofrecerá unhas opcións ou outras.
Ao acceder, na parte superior esquerda encontrarás un recadro co NIF e nome e apelidos ou razón social de que vas realizar a consulta e, a continuación, os datos identificativos e censuais do contribuínte.
No caso de acceder á consulta dunha persoa sen actividades económicas, as opcións de consulta e modificación serán as seguintes:
-
Cambio de domicilio fiscal : permite modificar os datos do domicilio fiscal que consta no censo. Unha vez confirmada a modificación, móstrase o xustificante do trámite coa data e hora de presentación así como o CSV asociado á presentación e unha ligazón ao "Cotexo de documentos" para visualizar o xustificante.
-
Alta (ou Modificación) de Domicilio de Notificacións : a través desta opción podes engadir un domicilio a efecto de notificacións. Permite engadir un enderezo postal ou un apartado de correos.
-
Presentación Modelo Censual 030 : esta opción enlaza directamente coas gesiones do modelo 030.
-
Outras Modificacións Censuais : enlaza coas getiones dos modelos 036 - 037.
Ademais das funcionalidades anteriores e dependendo da situación no censo de actividades económicas terás as seguintes opcións:
-
As miñas Actividades Económicas : mostra información sobre as actividades e locais do obrigado tributario: o estado en que se encontra, data de inicio, data de baixa, etc.
-
A miña Situación Tributaria : ofrece un resumo da situación tributaria nos réximes de IVE, do imposto sobre Sociedades, do IRPF, do Imposto Sobre a Renda de Non Residentes ademais doutros impostos e réximes especiais.
-
As miñas Obrigas : mostra a relación de obrigas tributarias, tipo de periodicidade e o seu estado.
-
Os meus Representantes : mostra a relación dos teus representantes e a súa situación.
-
Os meus Representados : mostra a relacion dos teus representados e a súa situación.
-
Cambio de Domicilio Fiscal : permite modificar os datos do domicilio fiscal que consta no censo. Unha vez confirmada a modificación, móstrase o xustificante do trámite coa data e hora de presentación así como o CSV asociado á presentación e unha ligazón ao "Cotexo de documentos" para visualizar o xustificante.
-
Cambio de Domicilio de Notificacións : a través desta opción podes cambiar un domicilio a efecto de notificacións. Permite indicar un enderezo postal ou un apartado de correos.
-
Baixa de Domicilio de Notificacións : mediante esta opción podes dar de baixa o domicilio a efecto de notificacións.
-
Presentación Modelo Censual 030 : esta opción enlaza directamente coas gesiones do modelo 030.
-
Outras Modificacións Censuais : enlaza coas getiones dos modelos 036 - 037.
Ademais, na parte superior, a AEAT pon á túa disposición a posibilidade de recibir no teu teléfono ou no teu correo electrónico os avisos e información xeral sen transcendencia tributaria da AEAT.