Como solicitar a devolución dun ingreso indebido
NOTA: A devolución de ingresos indebidos corresponde a pagamentos relacionados con trámites da Axencia Tributaria. Desde AEAT non se pode cursar ningunha devolución correspondente a pagamentos relacionados con organismos alleos á Axencia Tributaria.
A presentación require identificarse con certificado electrónico, DNIE ou Cl@ve do declarante.
Ademais do propio titular da declaración tamén pode presentara un terceiro que actúe no seu nome, xa sexa un colaborador social ou un apoderado a realizar o trámite.
Cobre o formulario seleccionando o tipo de declaración: en nome propio ou en nome de terceiros (neste caso cumprirá indicar o NIF do interesado). Fai click na ligazón "Engadir ficheiro" para seleccionar o ficheiro coa documentación que desexas presentar. Na ligazón "Axuda" poderás comprobar o listaxe de formatos admitidos para a presentación de arquivos deste trámite, sendo o tamaño máximo permitido para cada ficheiro 64 MB.
Selecciona ou arrastra o ficheiro. É preferible que o nome do ficheiro non teña signos de puntuación e estea gardado no teu disco local, dentro da carpeta "AEAT".
O ficheiro engadido aparecerá no apartado "Documentación que se anexa".
Cando termines de anexar os ficheiros pulsa "Presentar", marca "Conforme" e "Asinar e enviar"