Consulta dun pagamento anterior con tarxeta
Para recuperar o NRC xerado para o pagamento dunha autoliquidación, é necesario identificarse co mesmo certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve PIN utilizado no momento de realizar o pagamento.
Indica o modelo, datos identificativos e económicos para o que desexas realizar a consulta e fai clic en "Aceptar datos e Continuar".Estes datos deben coincidir exactamente cos datos que introduciches no momento do pagamento.Para evitar erros na recuperación do NRC é importante poñer atención aos campos do apartado "Datos da liquidación" e seleccionar nos despregables tanto o exercicio fiscal coma o período de forma correcta;por exemplo, non confundir o período 1T (trimestral) co 01 (mensual) nunha declaración periódica.
No caso do pagamento con tarxeta é necesario indicar a Entidade Bancaria emisora da tarxeta, o número de tarxeta e a súa data de caducidade.
Revisa os datos da pestana "2.Enviar Solilcitud" e se son correctos marca a casa "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Se o pagamento existe obterás o NRC xerado que che sirva de xustificante.Fai clic en "Xustificante de Pagamento" para descargar o PDF.
Recorda que tras obter o NRC, se non presentaches a declaración, podes acceder á presentación dende o botón "Realizar Declaración" ou acceder noutro momento ao formulario correspondente e indicar manualmente o NRC no campo dispoñible.