Consulta do pagamento dunha liquidación/débeda mediante transferencia bancaria
Mediante esta opción de consulta é posible confirmar que a Axencia Tributaria recibiu a transferencia correspondente ao pagamento dunha liquidación.
Este trámite permite a identificación con certificado electrónico, DNI electrónico, eIDAS , Cl@ve ou número de referencia, aínda que a identificación con referencia só habilita para Renda.

Tras identificarse, mostraranse os pagamentos realizados mediante transferencia con estes datos: número de xustificante, modelo, importe, código da Entidade Bancaria e data do ingreso. Na columna "Xustificante", mediante a ligazón "Descargar", pódese obter o xustificante cos datos do pagamento en PDF.

Por defecto, descárgase o xustificante en formato PDF na situación que teña predeterminada o navegador, aínda que poderás escoller a situación en que gardar o documento e cambiar o seu nome.

