Pagar débedas
Saltar índice da informaciónPagar todas as miñas débedas
A xestión "Pagar todas as miñas débedas", dispoñible tanto na sede electrónica como na app da AEAT, permíteche pagar todas as túas débedas pendentes dunha soa vez e na mesma operación.
Podes acceder como titular ou como persoa ou entidade apoderada. O apoderamento específico necesario é o RA19007, incluído no apoderamento xeral GENERALLEY58 (Poder xeral para trámites ou actuacións relacionadas co artigo 46.2 da lei 58/2003).
Tras a identificación con Cl@ve, con certificado ou DNI electrónico ou co sistema de identificación para cidadáns da Unión Europea (eIDAS), comproba o NIF do contribuínte, ou modificao en caso de acceso con apoderamento en nome dun terceiro, e pulsa "Aceptar".

Nota: é posible que, debido a circunstancias específicas dalgunha débeda, non se habilite o acceso a esta opción de pagamento total. Nese caso, aparecerá o aviso correspondente e a páxina redirixirá á xestión específica "Seleccionar algunha débeda".

A continuación, mostrarase a listaxe de débedas pendentes, cada unha delas coa súa clave de liquidación, o seu concepto tributario e o importe pendente. Seleccione a clave que quere liquidar. Pode liquidar todas a un tempo.

Ao final da listaxe encontrarás o importe total e as opcións dispoñibles para o pagamento: mediante cargo en conta, con tarxeta/Bizum ou mediante transferencia.

Tras realizar o pagamento mediante cargo en conta ou con tarxeta/Bizum, obterás o NRC xerado e poderás descargar o xustificante da operación, canda a opción para solicitar un certificado tributario de estar ao corrente .


Se optas polo pagamento mediante transferencia, ten en conta o aviso da parte superior: A conta deberá pertencer a unha entidade non colaboradora coa AEAT.


Tamén podes acceder a unha clave de liquidación da listaxe para obter máis detalles e para realizar unicamente o pagamento desa débeda.

Neste caso, ademais das opcións de pagamento por Internet (mediante cargo en conta, con tarxeta/Bizum e mediante transferencia) habilitarase tamén a opción "Obter documento de ingreso en entidade colaboradora (PDF )", para o pagamento presencial en oficina bancaria.
