Resposta da EEFF:Erro 99
O "[código 99] Erro técnico" é unha resposta da entidade colaboradora que pode producirse ao intentar realizar un pagamento, ou unha consulta deste, na pasarela de pagamentos da AEAT.Este erro impide que se realice a operación e, polo tanto, non se chega a xerar o NRC como xustificante do pagamento.
É posible que o servidor da entidade bancaria coa que esteas a realizar o trámite teña problemas técnicos. Recoméndase contactar coa devandita entidade para obter máis información.
Como alternativa, pódese intentar realizar o pagamento máis tarde (quizais se trate só dun erro puntual no servidor) ou indicar unha conta dunha entidade distinta, da que tamén sexa titular.
Ten en conta que a Axencia Tributaria non é responsable da falta de resposta da Entidade Colaboradora nin asumirá responsabilidade ningunha pola admisión de orde de cargo.Non obstante, os formularios de solicitude de cargo en conta asinados dixitalmente cos certificados electrónicos serán conservados pola AEAT de forma segura e íntegra.