Erros ao achegar documentación complementaria
Os erros máis comúns que se producen á hora de achegar documentación complementaria son os seguintes:
- Erro 400: adoita aparecer en equipos cunha velocidade baixa de transmisión de datos ou ficheiros demasiado pesados.Nestes casos recoméndase realizar varios envíos ou fragmentar o ficheiro.
- Non admite o ficheiro (erro de formato, situación, etc).É recomendable que o ficheiro que se vai achegar non teña un nome moi longo, nin carácteres non permitidos (comas, puntos, apóstrofos, cedillas, &, comiñas, etc.)ou un tamaño superior ao permitido na achega de documentos correspondente.Tamén é recomendable que o ficheiro estea situado na ruta C:/AEAT Se non existe esta ruta no teu equipo, podes creala para situar o ficheiro, xa que en ocasións é imprescindible.
- Non aparece a ventá para seleccionar o ficheiro: adoita deberse á configuración do navegador ou a estar a acceder ao trámite dende algún enlace incorrecto.Recomendamos que, se utiliza Windows, realice a achega a través de Mozilla Firefox, Edge ou Google Chrome, xa que Internet Explorer 8 ou inferior non a soportan.