Modelo 036
Saltar índice da informaciónObtención de nova tarxeta acreditativa de NIF
Se desexas obter un duplicado do NIF, podes solicitalo directamente dende o trámite "Obtención de nova tarxeta acreditativa do NIF", que encontrará no listado de xestións do modelo 036.
Podes acceder identificándote con Cl@ve, certificado electrónico ou DNIe. Se tes dúbidas sobre como obter un certificado electrónico ou como rexistrarse no sistema Cl@ve, consulta a información dispoñible no contido relacionado.

Este trámite específico non admite Colaboración Social pero se o presentador dispón de certificado de colaborador poderá solicitar a nova tarxeta acreditativa de NIF marcando a casa correspondente na causa de presentación no modelo 036.
Na ventá inicial mostraranse os datos identificativos que están asociados ao titular se se accede en nome propio ou do representado se se accede en nome de terceiros. Revisa que son correctos e pulsa "Xerar tarxeta NIF".

A continuación obtense o xustificante cos datos identificativos, tanto do titular coma do presentador, a data e hora da operación, o código seguro de verificación e o enlace directo ao PDF coa tarxeta dende a opción "Visualizar xustificante".

Se pulsas "Visualizar xustificante", obterás un documento en PDF que poderás gardar e imprimir, coa comunicación emitida e a propia tarxeta identificativa na parte inferior.
