Modelo 121
Saltar índice da informaciónPresentación electrónica do modelo 121
Identifícate con firma dixital (certificado ou DNI electrónico) ou ben mediante o sistema de identificación Cl@ve PIN (só persoas físicas).Se o declarante non dispón de certificado electrónico é necesario que a persoa que realiza a presentación estea autorizada para presentar declaracións en nome de terceiros, ben por estar dado de alta como colaborador ou ben por estar apoderado para realizar este trámite.
Os descendentes ou ascendentes con discapacidade que se relacionen deberán dispoñer de número de identificación fiscal.Hase de presentar unha comunicación por persoa con discapacidade ao cargo ou por cada familia numerosa que de dereito á dedución.
Unha vez cumprido o formulario, pulsa "Validar";se a validación é correcta e non existen erros fai clic no botón "Asinar e Enviar".
Marca "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Se todo é correcto, obterás a pantalla de resposta na que apareza "A súa presentación presentouse correctamente" co enlace "Ver formato imprimible" que che permite descargar o PDF coa información da presentación.
Se non dispós de identificación electrónica podes utilizar o formulario de predeclaración para cumprilo e obter o PDF para presentalo de forma presencial na Administración.