Modelo 222
Saltar índice da informaciónComo comunicar datos adicionais á declaración dos exercicios 2015 e 2016
Para comunicar datos adicionais á declaración do modelo 222 dos exercicios 2015 e 2016 podes utilizar o formulario en liña dispoñible na Sede Electrónica da AEAT ao que podes acceder desde a opción "Modelo 222. Exercicios 2015 e 2016. Presentación da comunicación de datos adicionais á declaración " situada nas xestións do modelo 222 en "Anexo 222".
Este trámite require identificarse con certificado electrónico.
Introduce os datos de identificación e cobre o formulario cos datos adicionais que queiras comunicar. Selecciona a "C.N.A.E. actividade principal" pulsando a icona co símbolo dos tres puntos e a data de inicio do período impositivo desde a icona co símbolo do calendario.
Para finalizar pulsa "Asinar e Enviar".
Se todo é correcto, obterás a folla de resposta en que apareza "A súa presentación foi realizada con éxito" cun documento PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada en rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.