Modelo 369 - Axuda técnica
Para a presentación electrónica do modelo 369 mediante ficheiro cómpre dispor dun ficheiro coa declaración que se vai a transmitir cos datos axustados ao deseño de rexistro correspondente. O ficheiro TXT conterá os datos referidos a unha única declaración dun contribuínte para un determinado período.
Na axuda técnica está dispoñible a ligazón ao deseño de rexistro, as instrucións de formalización e algúns ficheiros de exemplo.
A presentación deste modelo require identificación con certificado ou DNI electrónico, xa sexa do empresario ou profesional, dos seus representantes apoderados a realizar o trámite ou de colaboradores sociais.
Unha vez identificado, aparecerá unha xanela de avisos de lectura recomendada. Na parte inferior pulsa "Importar DR" para seleccionar o arquivo.
É recomendable que o ficheiro se encontre no disco local nunha carpeta chamada "AEAT". Unha vez seleccionado o ficheiro, pulsa "Abrir".
Mostraranse os diferentes apartados da declaración e, na parte inferior, as funcións "Validar declaración", "Cargar", "Gardar" e "Asinar e Enviar".
Poderás dar de alta novos rexistros ou seleccionar os xa existentes para ver o detalle, modificaros ou daros de baixa.
Co botón "Validar declaración" mostraranse os avisos e erros detectados. Os avisos son informativos e recoméndase a súa revisión antes de proceder ao envío. Os erros impiden a presentación e deben ser corrixidos. Pulsa "Ir ao erro "para acceder ao campo ou á páxina que se debe corrixir.
Pódense "Gardar" os datos da declaración no servidor da AEAT e utilizar o botón "Cargar" para recuperaros nunha sesión posterior.
Accede ao resultado da declaración para ver os distintos importes, o resultado final e as opcións de pagamento dispoñibles. Se o resultado é positivo, poderás enlazar coa pasarela de pagamentos pulsando o botón "Realizar pagamento (obter NRC )". O NRC obtido tras o ingreso, trasladarase ao campo correspondente do formulario.
Unha vez que a declaración estea completa e validada sen erros, pulsa "Asinar e Enviar" para presentar a declaración.
Se todo é correcto, obterás o xustificante de presentación coa data e hora de presentación, número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante e copia completa da declaración.